Estrutura de xestión

Centro Cultural Almáciga

O proxecto Urbana consiste na posta en marcha dunha estratexia de intervención cun enfoque integrado que facilite o desenvolvemento dos barrios da zona norte de Santiago. Para a aplicación deste enfoque integrado requírese un esforzo de coordinación na posta en marcha e execución das diferentes actuacións que configuran o proxecto.

Oficina Urbana Santiago Norte

A dirección estratéxica do proxecto correspondelle ao Alcalde de Santiago de Compostela, mentres que a coordinación técnica das actuacións e a posta en marcha das decisións correspondelle á Oficina Urbana Santiago Norte. Esta oficina traballa cos diferentes departamentos municipais para facilitar a xestión e seguimento das acción do proxecto, e contribuir a unha maior visibilidade e achega de información cara á cidadanía.

A Oficina Urbana Santiago Norte está situada no barrio da Almáciga:
      Rúa Proxecto Vagalume, Nº 1 (Edificio anexo á Escola Municipal de Música)
      15703 Santiago de Compostela
      Teléfono: 981.543.196
      Fax: 981.543.195

Finalmente a posta en marcha e xestión de cada unha das actuacións corresponde aos diferentes departamentos municipais en función da natureza de cada actuación. Os departamentos que participan na execución das actuacións do proxecto Urbana son os seguintes: