Qué é USN

Antecedentes e descrición xeral

Durante os últimos meses do ano 2007, o Concello de Santiago estivo a traballar na preparación dun proxecto de rexeneración da zona norte de Santiago co obxectivo de concorrer á convocatoria que se abriría no ano 2008 da Iniciativa Urbana cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Ese proxecto, que foi presentado aos interlocutores sociais, recolle un conxunto de actuacións de carácter integral nos barrios de Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios.

Tras a presentación da candidatura en xaneiro de 2008 o proxecto foi aprobado definitivamente polo Ministerio de Economía no mes de xullo cun orzamento global que ascende a 11.433.590 € dos cales o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aporta 8.003.513 € (70%) e o Concelo contribúe con 3.430.077 € (30%). Estas porcentaxes modificáronse por Decisión da Comisión de 27 de marzo de 2012, quedando como sigue: FEDER o 80% e o Concello o 20%.

O Proxecto Urbana Santiago Norte, ten como obxectivo a posta en marcha dunha estratexia integral de rexeneración urbana nos barrios da zona norte para equilibralos co resto da cidade.

Trátase dun proxecto que ten un marcado carácter innovador: tanto polo enfoque integrado que nel se plantexa para abordar os diferentes problemas da zona norte, como polo emprego de novas formas de intervención, especialmente naquelas accións que promoven a integración social e a dinamización económica da zona.

Contémplanse dentro do Urbana un conxunto de medidas e actuacións que se agrupan en nove áreas temáticas:

  1. Sociedade da información
  2. Fomento da integración social e da igualdade de oportunidades
  3. Medio ambiente urbano e fomento do tratramento de residuos
  4. Desenvolvemento do tecido ecnonómico: accións a favor do emprego, e da actividade empresarial
  5. Accesibilidade e mobilidade
  6. Fomento do uso máis eficaz da enerxía
  7. Cultura e patrimonio
  8. Infraestruturas de servizos
  9. Formación profesional
O conxunto de accións concretas do proxecto complétase con outras de carácter transversal como son:

Zona de Actuación

A zona de actuación estará constituida polos barrios do norte de Santiago: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios.

Trátase dunha área que presenta un volume demográfico superior aos 18.000 habitantes e unhas características socioeconómicas moi similares, con moitas construcións antigas e/ou necesitadas de reformas, cun deseño de rúas inacabado ou non acaído ás necesidades actuais, e cunhas necesidades comúns en materia de infraestructuras e de activación de dinámicas económicas e sociais.

Co desenvolvemento do Proxecto URBANA preténdese acadar unha rexeneración económica e social dos barrios propostos, tentando equilibrar ou equiparar a súa situación coa do resto da cidade.

Estratexia e obxectivos

A partir do diagnóstico que presenta a zona de actuación cunha situación de desavantaxe socioeconómica en comparación co resto da cidade, a formulación de obxectivos e liñas estratéxicas do proxecto baséase fundamentalmente en:

  1. Abordar os aspectos claves para a recuperación ambiental e urbana da zona de actuación, como base para a súa dinamización económica e a súa plena inserción nas dinámicas da cidade en estreita cooperación cos axentes económicos e sociais.
  2. Asegurar a complementariedade e coherencia con:
Deste xeito o obxectivo central do proxecto Urbana Santiago Norte é converter esta zona de Santiago nunha zona residencialmente atractiva e plenamente incorporada ás dinamicas socioeconómicas da cidade

A partir deste obxectivo central podemos definir os seguintes obxectivos específicos: