Faq USN

1. Que é Iniciativa Urbana?

Un programa financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional que ten como obxectivo poñer en marcha estratexias innovadoras de rexenación urbana cun enfoque integrado para favorecer un desenvolvemento urbano sostible.

2. Cantos Urbana hai en Galicia e cantos en España? uen ten que aceptar ou rexeitar a nosa candidatura?

En Galicia hai catro proxectos Urbana. Ademais de Santiago, teñen proxectos as cidades de A Coruña, Ferrol e Lugo. En todo o estado hai un total de 43 proxectos aprobados incluíndo os catro galegos.

3. Cal é o período de duración do proxecto Urbana?

O período de desenvolvemento do proxecto Urbana é desde a súa aprobación no ano 2008 ata o ano 2013

4. Que zonas da cidade son as beneficiarias do Urbana?

O ámbito de actuación de Iniciativa Urbana na nosa cidade serán os barrios máis antigos e tradicionais da zona norte da cidade: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios. Por iso falamos de Urbana Santiago Norte.

5. Por qué esta zona da cidade

Porque as iniciativas Urbana teñen que estar vinculadas a un territorio concreto que teña unha coherencia xeográfica e socioeconómica. A zona norte de Santiago ten un volume demográfico superior aos 15.000 habitantes e cunhas características socioeconómicas similares, con moitas construcións antigas e vellas, cun deseño de rúas inacabado ou non acaído ás necesidades actuais, e cunhas necesidades comúns en materia de infraestruturas e de activación de dinámicas económicas e sociais.

6. Que áreas de actuacións son abarcadas polo Urbana?

As diferentes iniciativas Urbana correspóndense con proxectos de caracter transversal que se podan identificar como proxectos de cidade. Por iso son varias as áreas nas que podemos agrupar as actuacións: sociedade da información; fomento da integración social e igualdade de oportunidades; medio ambiente urbano e reducción de residuos; desenvolvemento do tecido económico; accesibilidade e mobilidade; fomento do uso máis eficaz da enerxía...

7. Con canto orzamento se van a desenvolver estas actuacións?

O proxecto Urbana Santiago Norte conta cun orzamento total de 11.430.590 € dos que 8.003.513 € son aportados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e os 3.430.077 € restantes serán aportados polo Concello de Santiago.

8. Como poderá participar a cidadanía no Urbana?

O proxecto Urbana contempla diversos instrumentos que facilitarán a participacion da cidadanía tanto a título persoal como de xeito colectivo: a participación individual garántese a través da interlocución directa a través do correo electrónico ou as caixas de queixas e suxerencias, en tanto que a participación colectiva canalízase a través do Órgano de Participación Cidadá, que conta con representación das entidades veciñais, e dos axentes económicos e sociais dos barrios da zona norte.