Seminarios Emprendedoors. Abrindo portas ao emprendemento en Urbana Santiago Norte

Dende o 16-09-2013 ata o 30-11-2013

Martes, 3 de setembro de 2013

A Concellería de Economía, convoca, no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) tres seminarios de capacitación para o emprendemento, denominados Emprendedoors. Abrindo portas ao emprendemento en Urbana Santiago Norte.

Estes seminarios están dirixidos a persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte, teñan xa iniciada unha actividade neste mesmo territorio cunha antigüidade non superior á tres anos ou que, estando empadroadas no territorio Urbana Santiago Norte, queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.

Celebraranse tres seminarios, dos que dous serán presenciais, con 60 horas de duración. O primeiro seminario realizarase do 16 de setembro ao 4 de outubro e o segundo do 7 ao 25 de outubro. Así, os interesados no primeiro grupo teñen ata o 11 de setembro para realizar a súa inscrición, mentres que os que queiran participar no segundo teñen de prazo ata o 24 de setembro.

O terceiro seminario será on line, tamén con 60 horas, co gallo de facilitar a participación daquelas persoas que, por ter xa iniciada a actividade empresarial ou ben pola súa situación sociofamiliar, teñen problemas para participar nos seminarios presenciais. Esta formación on line realizarase do 4 ao 30 de novembro, e os interesados teñen ata o 29 de outubro para solicitar a súa participación.

A inscrición realizarase por rexistro cumprimentando o formulario correspondente, dispoñible nas seguintes webs: www.cersiaempresa.org e www.urbanasantiagonorte.org. Os impresos tamén poderán obterse na Oficina de Atención á Cidadanía, na Oficina do Proxecto Urbana Santiago Norte e no CERSIA Empresa. O formulario acompañarase dunha fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante, así como da documentación que acredite á pertenza aos colectivos preferentes.