páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Que é o Órgano de Participación

O Órgano de Participación do Proxecto Urbana é un órgano de carácter consultivo, informativo, de formulación de propostas e suxestións, de debate e asesor, que impulsa e serve de cauce á participación cidadá no desenvolvemento do proxecto USN.

As principais  funcións deste Órgano de Participación  son as seguintes:

  • Coordinación formal da iniciativa cidadá en torno a necesidades ou problemas concretos 
  • O fortalecemento da democracia participativa.
  • A dinamización dos procesos de participación cidadá na xestión dos asuntos e desafíos de interese común deste proxecto, servindo de vía para a xeración de propostas de traballo e de respostas aos retos que a realidade poida plantexar ao proxecto e a cada unha das súas accións
  • Ser un espazo de información, debate e reflexión en torno a necesidades ou problemas concretos referentes á zona norte de Santiago.
  • Servir para o encontro e a coordinación entre a administración local co resto de interlocutores sociais da zona de actuación,
  • Realizar un seguimento e avaliación das actuacións previstas no proxecto.

O Órgano de Participación do Proxecto Urbana constituiuse en asemblea o día 26 de marzo de 2010 formada polas entidades representantes dos  diferentes axentes económicos e sociais da zona de intervención do proxecto.

O Órgano de Participación Cidadá do Proxecto Urbana ten vontade de permanecer durante o período necesario ata a total execución do proxecto Urbana Santiago Norte.