páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Que é a iniciativa Urbana

URBANA é unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, incluida no Porgrama Operativo de Galicia 2007-2013, que ten como obxectivo pór en en marcha estratexias innovadoras de rexeneración urbana, que mediante un enfoque integrado contemplando aspectos sociais, económicos e medioambientais, favorezan un desenvolvemento urbano sostible de acordo cos principios e orientacións estratéxicos das políticas comunitarias.

A Iniciativa Urbana, é unha iniciativa herdeira da que ata o de agora se coñecía co nome de Urban, que se pon en marcha no novo periodo de programación de Fondos Estruturais da Unión Europea 2007-2013 a partir do éxito da experiencia acumulada cos proxectos executados ao longo dos anos anteriores, e que se materializou en melloras palpables na calidade de vida das zonas subvencionadas polos anteriores Urban.

Entre os anos 1994 e 2006 foron 165 as cidades europeas que se beneficiaron das actuacións das Iniciativas Urban I e Urban II, das que 39 foron cidades españolas e 4 galegas (A Coruña, Pontevedra e Vigo no Urban I e Ourense no Urban II).

Ademais desta expriencia acumulada a nova Iniciativa Urbana parte da consideración da importancia dun desenvolvemento urbano sostible e da contribución que as cidades poden facer ao desenvolvemento rexional europeo.

Esta Iniciativa xorde no novo período a proposta da Administración Xeral do Estado a través da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda e vai destinar ás 43 novas cidades seleccionadas en toda España un total de 344 millóns de Euros en axudas aportadas polo FEDER. No caso de Galicia, foron seleccionadas ademais de Santiago, as cidades de A Coruña, Ferrol e Lugo.