páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Encontro-coloquio Programa de emprendemento "Mellorar desmarcándose 2014"

Dende o 04-11-2014 ata o 04-11-2014

Martes, 4 de novembro de 2014

A Concellaría de Economía convoca, no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) os encontros "Mellorar desmarcándose: coloquio con...".

Encontro, coloquio, debate... Unha oportunidade para a través de seis encontros con persoas emprendedoras e empresariado xa consolidado que achegarse a unha visión realista e contrastada das distintas vías e camiños que levan ás persoas a converterse en empresarias.

Inscríbite e achégate a coñecer de preto, moi de preto, a realidade do emprendemento.

Podes inscribirte a cada encontro no formulario correspondente identificado pola súa data de celebración.

1.- Martes 4 de novembro: encontro con Carmen José López, presidenta de AJE Galicia; Alicia Dapena, directora de Saturna e Ana Rey, directora de BioVia spin off da USC.

2.- Xoves 6 de novembro: encontro con Marisol Suárez, directora de Habelas Hailas; Juan Carlos Banzas, director de María Banús Jewels e Pilar Castro, directora de Solvencia Técnica.

Encontros moderados por Modesto Gómez, director de Enxeño Galicia.

Dirixido a: empresariado da Zona Urbana Santiago Norte, así como ás persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.

Requisitos: para asistir é preciso cumplimentar a inscrición a través da páxina web cersiaempresa.org (22 prazas dispoñibles).

Notas: os encontros realizaranse na Academia Prisma, Rúa Concheiros 13-15 os días sinalados en horario de 21:00h a 22:00h.

Estado da convocatoria: en prazo de inscrición

Listaxe de ligazóns