páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Seminarios de capacitación para o emprendemento: Aula de maduración empresarial, Mellorar e Medrar no Urbana Santiago Norte

Dende o 06-10-2014 ata o 24-10-2014

Luns, 29 de setembro de 2014

Seminarios de capacitación para o emprendemento: Aula de maduración empresarial, Mellorar e Medrar no Urbana Santiago Norte

A Concellaría de Economía, convoca, no marco do Programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), 15 seminarios de capacitación para o emprendemento denominados Aula de maduración empresarial, mellorar e medrar no Urbana Santiago Norte.

Os seminarios programados son os seguintes:

1.      Trámites administrativos da empresa: 6 de outubro de 2014
2.      Rexímenes societarios para empresas: 7 de outubro de 2014
3.      Responsabilidade funcional: 8 de outubro de 2014
4.      A túa idea de empresa: 9 de outubro de 2014
5.      O teu producto/ servizo: 10 de outubro de 2014
6.      O teu mercado e a túa competencia: 13 de outubro de 2014
7.      As túas necesidades loxísticas: 14 de outubro de 2014
8.      Os valores humanos na empresa: 15 de outubro de 2014
9.      Sistemas tecnolóxicos: 16 de outubro de 2014
10.  Finanzas para non financeiros: 17 de outubro de 2014
11.  Fiscalidade para non facendistas: 20 de outubro de 2014
12.  O teu plan de marketing: 21 de outubro de 2014
13.  Comercialización e vendas: 22 de outubro de 2014
14.  Aceso a fontes de financiamento: 23 de outubro de 2014
15.  A comunicación e a promoción: 24 de outubro de 2014

Dirixido a: Estes seminarios está dirixidos ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás  persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.

Requisitos: Para asistir aos seminarios é preciso cumplimentar a inscrición aos mesmos a través desta mesma web. Realizarase unha inscrición por cada seminario ao que se desexe asistir.

Custe: A actividade é de balde.

Notas para a cidadanía: Os seminarios impartiranse no Centro Sociocultural de Vite, Aula 11 en horario de 10:00h a 14:00h

A realización da inscrición implica a aceptación das presentes bases

O Concello de Santiago reservase o dereito a modificar por necesidades do servizo e para un mellor funcionamento do programa as datas concretas de realización das citadas actividades, circunstancia que sera comunicada ás persoas participantes.

Listaxe de ligazóns