páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Acceso Wi-Fi en espazos públicos

Área temática: Sociedade da información

Zona: Espazos verdes Almáciga, Belvís, Bonaval, Vista Alegre e CSC Trisca e Vite

Acceso wi-fi en espazos de uso público tanto abertos como pechados da zona norte de Santiago.

Obxectivos:

  • Acercar á sociedade da información a toda a poboación da zona norte.
  • Potenciar a utilización das tecnoloxías de información e comunicación como elemento de integración social, de formación e mellora dos perfís profesionais, de educación e cultura.
  • Proporcionar a poboación da zona espazos gratuítos onde realizar trámites co Concello e outras Administracións Públicas.

Orzamento:
32.888,49 €

Plan de desenvolvemento:
Data de inicio: Ano 2010
Data de finalización: Ano 2010

Estado de execución:

- Aprobación dos pregos e inicio do expediente de contratación do servizo de acceso wifi en espazos de uso público en distintas zonas de actuación: Xunta de Goberno Local de 30 de marzo de 2010.

- Anuncio no BOP nº 67 de 13 de abril de 2010 á Licitación do servizo de acceso wifi en espazos de uso público en distintas zonas de actuación.

- Adxudicación provisional á empresa COLABORA INGENIEROS SL por importe de 27.871,60 € máis Ive: Xunta de Goberno Local de 15 de xuño de 2010.

- Adxudicación definitiva: Xunta de Goberno Local do 6 de xullo de 2010.

- Sinatura do contrato e inicio da acción: 22 de xullo de 2010.

-  A partir do día 5 de novembro de 2010 xa está operativo o servizo wifi nos parques da zona norte e nos Centros Socioculturais da Trisca e Vite.

ACCIÓN FINALIZADA


Galería de fotografías

Listaxe de descargas