páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Axudas a ONG´s para programas de inserción

Área temática: Desenvolvemento do tecido económico

Zona: Santiago Norte

Axudas a ONG´S para a posta en marcha de itinerarios de apoio a colectivos de difícil inserción laboral que inclúan entre outras as seguintes actuacións:

  • Asesoramento a desempregados de difícil inserción, con oferta formativa personalizada e axustada á demanda das empresas da cidade.
  • Deseño de itinerarios personalizados de inserción que incluirán labores de intermediación laboral e dirixidos a garantir un período de prácticas en empresas.
  • Obradoiros ocupacionais enfocados aos sectores profesionais máis demandados polas empresas da cidade e incluíndo un módulo de formación orientado á busca de emprego.

Obxectivos:

  • Mellorar o emprego das persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos.
  • Reducir a taxa de paro na zona de actuación.
  • Modificar a percepción da sociedade en xeral e do sector empresarial en particular, sobre as potencialidades das persoas pertencentes a este tipo de colectivos.

Orzamento: 195.993,89 €

Plan de desenvolvemento:
Data de inicio: Ano 2010
Data de finalización: Ano 2011

Estado de execución:

Ano 2010

- Aprobación das bases convocatoria de subvención para a realización de programas integrais de inserción sociolaboral, dirixidas a entidades sociais e ONGs e o seu orzamento para o ano 2010: Xunta de Goberno Local de 9 de xuño de 2010.

- Anuncio de aprobación das bases: BOP Coruña nº117 de data 23 de xuño de 2010.

- Aprobación inicial concesión de subvencións por importe de 99.795,74 €: Xunta de Goberno Local de 10 de agosto de 2010 ás entidades seguintes:

ASOCIACIÓN PLATAFORMA POLO EMPREGO: 20.000 €
COGAMI: 20.000 €
CRUZ VERMELLA: 19.795,74 €
IGAXES: 20.000 €
FAEGA: 20.000 €

Ano 2011

- Aprobación das bases, anexos e convocatoria de subvencións para a realización de programas integrais de inserción sociolaboral dirixidas a entidades sociais e ONGs, para o ano 2011: Xunta de Goberno Local de 22 de marzo de 2011.

- Anuncio no BOP de Coruña nº 65 de aprobación das bases: 5 de abril de 2011.

- Acordo de aprobación inicial concesión de subvencións por importe de 100.000 €: Xunta de Goberno Local de 21 de xuño de 2011 ás entidades seguintes:

ASOCIACIÓN PLATAFORMA POLO EMPREGO: 20.000 €
COGAMI: 20.000 €
CRUZ VERMELLA: 20.000 €
IGAXES: 20.000 €
FAEGA: 20.000 €

ACCIÓN FINALIZADA


Galería de fotografías

Listaxe de ligazóns

Listaxe de descargas