páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Apoio á actividade empresarial

Área temática: Desenvolvemento do tecido económico

Zona: Santiago Norte

Concesión de axudas a aquelas persoas interesadas en emprender un novo negocio ou consolidar un xa existente:

  • Posta en marcha en cada un dos barrios dun programa de simulación empresarial, que facilite a aprendizaxe dos diferentes procesos que engloba a xestión dunha empresa.
  • Promoción dun concurso anual de novas ideas empresariais.
  • Liña de axudas directas para empresas de recente creación que facilite a súa consolidación no mercado.
  • Campañas promocionais do comercio de proximidade con guías e folletos de apoio e a realización de animación comercial na rúa.
  • Liña de axudas directas aos comercios de proximidade para reformar os seus negocios e adaptarse ás novas tecnoloxías da comunicación.

Obxectivos:

  • Incrementar o nivel de actividade comercial e revitalizar os barrios obxecto de actuación.
  • Promover o desenvolvemento e consolidación do tecido empresarial existente.
  • Fomentar o autoemprego e o espírito emprendedor, facilitando os proxectos comerciais de persoas en situacións económicas desfavorecidas.
  • Permitir aos emprendedores experimentar, nun entorno real pero carente de riscos o que implica a xestión diaria dunha empresa, proporcionándolles, á vez, a experiencia práctica necesaria para acceder ao mundo laboral.
  • Revitalizar as rúas dos barrios obxecto de actuación para, deste xeito, impulsar o comercio de proximidade e publicitar e difundir o circuíto de comercios existentes.
Orzamento: 749.017 €

Plan de desenvolvemento:
Data de inicio: Ano 2012
Data de finalización: Ano 2015

Estado de execución:

Actuación: Concesión de Cheques de Consultaría para a reforma de locais de negocio (21 cheques) e implantación de TICs (20 cheques). Outubro 2012
Os cheques de consultaría consisten na posta a disposición dos comercios beneficiarios, previa convocatoria pública a todos os estabelecementos comerciais da zona de actuación (Santiago Norte), de servizos profesionais cuxo obxectivo é realizar unha avaliación/consultaría interna do mesmo da que se obterá un informe previo sobre as necesidades detectadas no eido correspondente. O asesoramento e titoría ofrecida polo avaliador, xunto coas impresións, opinións e circunstancias da persoa beneficiaria así como dos propios condicionantes do establecemento físico a avaliar, permitirá concretar a orde de prelación das distintas necesidades detectadas e a identificación das actuacións a realizar para a mellora da imaxe e competitividade do beneficiario.

Actuación: Programa Emprender en Santiago Norte. Inicio do programa a finais do ano 2012 cos seguintes obxectivos: crear novas empresas na zona norte, redes de cooperación empresarial, posta en valor da labor do tecido económico dos barrios e construcción dun banco de recursos para o emprendemento que faciliten a labor das persoas emprendedoras e mellora da competitividades das empresas asentadas.
As accións previstas dentro do programa son: sensibilización da cidadanía, captación de persoas emprendedoras, simulador empresarial e campaña de medios.
- Acciós de sensibilización: espectáculo de variedades "Ultranoite" (novembro 2012); 5 actuacións de carácter breve coa temática "emprender en tempos de crise", "emprender en Santiago Norte".
- Charlas de sensibilización e captación de emprendedores: 40 charlas entre novembro e decembro 2012
- Ferramenta de información sobre emprendemento on line. Presentación en febreiro 2013: www.emprendeensantiago.com
- Seminarios para o emprendemento "Emprendedoors Abrindo portas ao emprendemento: 2 presenciais de 60 h. e 1 on line de 60 h. con datas do 16 de setembro de 2013 ao 30 de novembro de 2013.

Actuación Axudas ao emprendemento:

- Convocatoria de axudas á creación de novas empresas e posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial Urbana Santiago Norte 2013. Publicadas no BOP Coruña nº 151 do 9 agosto 2013.

Listado de beneficiarios/as de axudas concedidas na convocatoria 2013:

Natalia Vázquez Horyaans 36088353L: 660,20 €
María Dolores Nieto García 33264540P: 2.440,80 €
Leonor  Díaz González 36142108T: 1.858,77 €
Informática Telecomunicaciones y Seguridad Santiago SL B70368733: 6.844,51 €
Nieves Millán Guzmán 33265777A: 1.411,73 €

- Convocatoria de subvencións para comercios de proximidade para reforma de locais de negocio e implantación de TICs: BOP Coruña nº7 do 13 xaneiro 2014.

- Convocatoria de axudas para a creación de novas empresas ou posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial 2014. Anuncio das bases no BOP Coruña nº140 de 240714.  Contía 30.000 €

- Convocatoria de axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a implantación de TICs 2014. Anuncio das bases no BOP Coruña nº140 de 240714. Contía 35.000 €

- Programa de apoio ao tecido empresarial Mellorar e Medrar en Santiago Norte :  

Este  programa de actividades está dirixidos ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás  persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora. Se es unha persoa emprendedora ou formas parte do tecido empresarial do territorio de Urbana Santiago Norte (formado polos barrios de Vista Alegre, Romaño, Vite, Gaudalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios) Se queres mellorar a xestión do teu negocio, a túa formación, ou participar nun foro de encontro de experiencias empresariais; participa no programa de actividades "Mellorar e medrar en Urbana Santiago Norte" que se porá en marcha nos vindeiros meses de outubro e novembro dende a Concellaría de Economía.  Características: O programa componse das seguintes accións:
  • Servizo de apoio á empresa a domicilio; inscríbete no Servizo de Apoio á Empresa e solitida unha das 40 avaliacións dipoñibles do teu modelo de negocio. Con titorías personalizadas e especializadas da man de profesionais de cada ámbito constiruirás un plan de mellora do teu negocio práctico e realista.
  • Seminarios, conferencias e encontros: para mellorar a túa formación en distintos ámbitos relacionados coa xestión do teu negocio e as túas habilidades como empresario/a realizaranse distintas accións. 
  • Convocatorias de axudas públicas:  30.000 euros para o programa de axudas para a reforma de locais de negocio e  incorporación de maquinaria e equipos para a implantación de tecnoloxías da información e a comunicación (TICS) e 35.000 euros para o programa de axudas para a creación de novas empresas ou a posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Ambas convocatorías teñen como data de remate do prazo de presentación de solicitudes o 15 de outubro de 2014.
Os seminarios programados son os seguintes:
1.      Trámites administrativos da empresa: 6 de outubro de 2014 2.      Rexímenes societarios para empresas: 7 de outubro de 2014 3.      Responsabilidade funcional: 8 de outubro de 2014 4.      A túa idea de empresa: 9 de outubro de 2014 5.      O teu producto/ servizo: 10 de outubro de 2014 6.      O teu mercado e a túa competencia: 13 de outubro de 2014 7.      As túas necesidades loxísticas: 14 de outubro de 2014 8.      Os valores humanos na empresa: 15 de outubro de 2014 9.      Sistemas tecnolóxicos: 16 de outubro de 2014 10.  Finanzas para non financeiros: 17 de outubro de 2014 11.  Fiscalidade para non facendistas: 20 de outubro de 2014 12.  O teu plan de marketing: 21 de outubro de 2014 13.  Comercialización e vendas: 22 de outubro de 2014 14.  Aceso a fontes de financiamento: 23 de outubro de 2014 15.  A comunicación e a promoción: 24 de outubro de 2014
Dirixido a: Estes seminarios está dirixidos ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás  persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.
Requisitos: Para asistir aos seminarios é preciso cumplimentar a inscrición aos mesmos a través desta mesma web. Realizarase unha inscrición por cada seminario ao que se desexe asistir:
Custe: A actividade é de balde.
Notas para a cidadanía: Os seminarios impartiranse no Centro Sociocultural de Vite, Aula 11 en horario de 10:00h a 14:00h

- Mellorar desmarcándose: Encontro con...

Encontro, coloquio, debate... Unha oportunidade para a través de seis encontros con persoas emprendedoras e empresariado xa consolidado que achegarse a unha visión realista e contrastada das distintas vías e camiños que levan ás persoas a converterse en empresarias.

1.- Martes 4 de novembro 2014: encontro con Carmen José López, presidenta de AJE Galicia; Alicia Dapena, directora de Saturna e Ana Rey, directora de BioVia spin off da USC.

2.- Xoves 6 de novembro 2014: encontro con Marisol Suárez, directora de Habelas Hailas; Juan Carlos Banzas, director de María Banús Jewels e Pilar Castro, directora de Solvencia Técnica.

Dirixidos a empresariado da Zona Urbana Santiago Norte, así como ás persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.

- Campaña "Revive o Barrio": O obxectivo principal da campaña é dinamizar á poboación dos distintos barrios de Santiago para que coñezan a oferta comercial, nalgúns casos singular, dos barrios da zona norte. Trátase de animar ao cidadán para que se achegue a estes barrios, fortalecendo o tránsito da poboación local duns barrios a outros a través do comercio. Novembro 2014

- Campaña de sensibilización "Asociacionismo" no ámbito Urbana Santiago Norte:
Este proxecto busca poñer en valor a capacidade de colaboración entre comercios da mesma contorna (3 zonas específicas comprendidas dentro do urbana Norte) de cara a xerar iniciativas plurais rendibles e sostibles onde se involucren o maior número de comercios posibles.
As tres zonas identificadas como potenciais eixos comerciais son:
- San Roque, Almáciga, Espíritu Santo - Vite, San Caetano, Guadalupe - Vista Alegre, Pelamios e Romaño.  
A finalidade última será a elaboración dunha guía, que lles permite coñecer as vantaxes do traballo en rede ou asociativo, detectando as súas necesidades concretas, e facilitando a cooperación efectiva entre eles.  
O eixo clave da guía será o fomento do asociacionismo entorno ás seguintes cuestións:     1.  Presentación e desagregación de factores de supervivencia e superación das situacións de crise económica xeral e sectorial.   2. Coñecemento sectorial, novos nichos de mercado, practicas de boa xestión, calidade de servizo, fomento do emprego estable, sostibilidade, especialización, orientación ao cliente, promoción propia e compartida, asociacionismo, centros urbanos comerciais abertos, etc.   3. Análise do factor clave asociacionismo   4. Relevancia, caracterización, oportunidade, adecuación, exemplificación e viabilidade.

- Programa de promoción da actividade empresarial Urbano Norte: programa dirixido a persoas emprendedoras, emprendedores, traballadores, persoas desempregadas e veciños, que terán a oportunidade de asistir a diversos módulos formativos.

- Anuncio BOP Coruña de 13 xuño de 2014 da convocatoria de Subvencións a empresas privadas para bolsas de acceso a persoal especializado como vía da mellora da competitividade 2015. Orzamento 228.000 €

- Material de difusión das Boas prácticas empresariais do Programa de apoio á actividade empresarial, coa elaboración e produción de 4 "Contos do Norte" e a gravación e edición de audiovisuais "Conversas dende o Norte".

- Anuncio BOP Coruña de 27 abril de 2015 convocatoria de Subvencións a empresas privadas para bolsas de acceso a persoal especializado como vía da mellora da competitividade 2015. Orzamento 135.000 €

- Anuncios BOP Coruña de 10 agosto de 2015:

Bases e convocatoria de axudas á posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial 2015. Liña comercio de proximidade. Contía 50.000 €

Bases e convocatoria de axudas á posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial 2015. Contía 50.000 €

Bases e convocatoria de axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a posta en funcionamento de novas liñas de negocio e/ou ferramentas de xestión empresarial 2015. Líña comercio de proximidade. Contía 20.000 €

Bases e convocatoria de axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a posta en funcionamento de novas liñas de negocio e/ou ferramentas de xestión empresarial 2015. Contía 40.000 €


ACCIÓN FINALIZADA



Galería de fotografías

Listaxe de ligazóns

Listaxe de descargas

Listaxe de audios