páxina de inicio de Urbana Santiago Norte |
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Catalizador cultural de Belvís

Área temática: Cultura e patrimonio

Zona: Barrio de Belvís

Creación, a partir da rehabilitación dos restos da antiga curtiduría do parque de Belvís, dun espazo público con ludoteca e zona social, destinado ás actividades de ocio e cultura (ex. exposicións culturais, talleres sobre arte, etc.) para o goce de toda a poboación da cidade e dos habitantes no barrio de Belvís en particular.








Obxectivos:

  • Promover, favorecer e facilitar a realización de actividades culturais na zona de actuación, como vía de desenvolvemento social, especialmente entre os/as máis novos/as.
  • Promover as manifestacións artísticas xuvenís e as novas formas e tendencias artísticas.
  • Facilitar o labor dos/as artistas locais, proporcionándolles unha plataforma desde a que poidan darse a coñecer.
  • Favorecer o acceso da poboación a actividades culturais, espertando o seu interese por eses temas, promovendo un ocio máis creativo.
  • Difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura e combater estereotipos negativos.
  • Valorizar o Parque de Belvís, de maneira que sexa atractivo para a poboación en xeral en calquera época do ano, ofrecendo un punto de encontro nun lugar destinado ao ocio.
Orzamento obra: 244.179,21 €
Orzamento das obras de actuacións previas á posta en funcionamento da actividade: 54.426,67 €

Plan de desenvolvemento:
Data de inicio: Ano 2010
Data de finalización: Ano 2015

Estado de execución:

- Adxudicación da redacción do proxecto: na Xunta de Goberno Local de 15 de xuño de 2010 á empresa OSCAR ANDRES QUINTELA por 13.920 €

- Aprobación do proxecto e inicio de expediente para a contratación das obras: Xunta de Goberno Local 15 de marzo de 2011.

- Licitación das obras de rehabilitación: Anuncio publicado no BOP nº56 de 23 de marzo de 2011 e no perfil do contratante.

- Adxudicación do contrato de obras de rehabilitación do Catalizador Cultural de Belvís á empresa CONSTRUCCIONES EN PIEDRA SIGRÁS SL por importe de 205.199,33 €: Xunta de Goberno Local 01/08/2011 

- Asinado contrato de obras o 13 de setembro de 2011

- En 2012: contratación o servizo de realización de sondaxes valorativas e control arqueolóxico e comezo das obras de rehabilitación do edificio.

- 2013: continúan os traballos da obra de rehabilitación do catalizador cultural

- Xaneiro 2014: Asínase a acta de recepción das obras de rehabilitación do edificio Catalizador cultural de Belvís

- Para complementar as obras desenvolvidas no Catalizador cultural de Belvís e facilitar a súa posta en funcionamento, apróbase en XGL do 31 de outubro de 2014 o proxecto de actuacións previas cun orzamento de 60.417 €.

- A redacción do proxecto de execución e dirección facultativa das obras de actuacións previas foi adxudicada á empresa OSCAR ANDRES QUINTELA, por importe de 4.305 €

- As obras de actuacións previas foron adxudicadas á empresa CYS HISPANIA SL por importe de 50.121,67 €. Abril 2015

ACCIÓN FINALIZADA

Galería de fotografías

Listaxe de descargas